Convocada a XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

O obxectivo do premio é a posta en valor do traballo que realizan os universitarios galegos promovendo o emprego e difusión do Software Libre.

Se o teu proxecto de fin de carreira, traballo de fin de grao ou traballo de fin de mestrado xira ao redor do Software Libre, inscribete na XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, patrocinado, entre outros ...

10 achegas sobre LinkedIn, a túa tarxeta de presentación.

Se comezaches os teus estudos, ou xa os remataches, ou estás desenvolvendo prácticas ou o teu traballo final ou pode que traballando no desenvolvemento dunha startup, o teu perfil no Linkedin é a túa tarxeta de presentación.

Como seguro xa coñeces, LinkedIn é a ferramenta inicial para comezar a poñerte en valor e que , en moitas ocasións, facilita a conexión co teu ámbito profesional. ...

13 de outubro de 2017

IV Xornada de Usuarios de R en Galicia

Xoves, 19 de outubro na Facultade de Matématicas da USC

O próximo xoves día 19, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a IV Xornada de Usuarios de R en Galicia. ...

02 de outubro de 2017

Axenda para o networking outubro 2017

As xornadas e eventos que se celebran na nosa contorna, constitúen unha valiosa fonte de oportunidades para o networking

Tanto se xa remataches os teus estudos e estás en proceso de procura de emprego como se acabas de comezar a túa carreira profesional ou estás intentando poñer en marcha un emprendemento, unha boa forma de entrar en contacto co teu ámbito ...

13 de setembro de 2017

Xa dispoñible a aplicación UDC móbil

Unha app para actualizar e abrir novas vías de comunicación entre a Universidade e súa comunidade así como co resto da sociedade.

UDC móbil é unha aplicación desenvolvida para a Universidade da Coruña polo Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG). ...